Ola rapaces e rapazas!
O pasado mércores día 29 tivemos a reunión do Club de Novela Gráfica, na sección de 3º e 4º da ESO. Leramos a novela Cuando el viento sopla de Raymond Briggs, sobre a que xa falaramos neste blog na entrada na que recollemos as reunións cos grupos de bacharelato.Foi unha marabilla escoitarvos a todos, as vosas achegas á lectura foron moi positivas. Cada un de vós engadistes a vosa visión persoal e os profes apenas tivemos que tirarvos da lingua.