Amosando publicacións coa etiqueta Raquel Castro.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Raquel Castro.. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de maio de 2025

ENCONTRO LITERARIO CON RAQUEL CASTRO

O martes 13 de maio a biblioteca do IES Sofía Casanova de Ferrol contou coa presenza da profesora e autora teatral Raquel Castro, natural de Alxén (Salvaterra do Miño). O evento foi organizado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura do centro, en colaboración co Equipo de Biblioteca, o EDLG, o Departamento de Orientación e a Editorial Galaxia.

O encontro literario facilitou o diálogo entre a autora e o alumnado de 2º de ESO coa obra teatral Bonecas (Galaxia, 2025) de pano de fondo.


A obra Bonecas gañou o Concurso de Teatro Infantil O Facho 2024.


Raquel Castro, presidenta e fundadora da Asociación Teatral de Alxén, dinamizou a xornada vespertina, en dúas quendas, cunha lectura dramatizada a cargo do propio alumnado de 2º ESO do IES Sofía Casanova.