sábado, 20 de xuño de 2026

FESTA DE DESPEDIDA DOS CLUBS DA BIBLIOTECA E CHARLA CON PABLO CARREIRO

Ola rapazada!

O pasado martes día 16 tivemos a festa de despedida dos Clubs da Biblioteca (Novela Gráfica, Narrativa Xuvenil e Debate) para a ESO. O evento consistiu nun xantar á sombra dos pinos da entrada do centro; a realización da enquisa por parte do alumnado que non a fixera con anterioridade; a última xuntanza do grupo de Narrativa Xuvenil sobre A balada dos unicornios e a última do grupo de Novela Gráfica sobre Rosalía Oculta; e unha charla-obradoiro co ilustrador vigués Pablo Carreiro, tamén invitado ao xantar.



Estamos moi ilusionados polo bo ambiente que se xenerou durante todo o curso nos nosos Clubs. E boa mostra del foi o comportamento da rapazada durante a comida. Disfrutamos e compartimos un rato moi agradable, onde os compoñentes dos diferentes clubs (46 persoas) se misturaron e compartiron experiencias.



Respecto ás lecturas de A balada dos unicornios, e Rosalía Oculta que serviron de aperitivo á conversa de Pablo Carreiro, todos os participantes manifestaron a súa intención de continuar o vindeiro curso no noso club. Comentaron o seu pracer ao ler esta historia de fantasía de Ledicia Costas e esta versión ilustrada dos poemas de Rosalía de Castro.


O prato forte consistiu na conversa e o obradoiro de ilustración que dirixiu Pablo, partindo da súa triloxía sobre Chico, que é unha recreación da súa adolescencia no persoeiro de Berto. O vindeiro curso pretendemos ler esta historia e outra, escrita en galego, titulada Xirarei, un paseo por moitos puntos da nosa xeografía, Ferrol tamén, do que xa encargamos exemplares. 


Pablo contounos como xurdiu a súa vocación coma ilustrador. Logo dun rato de preguntas e respostas, comezamos o propio obradoiro, onde tivemos que imaxinar e debuxar un persoeiro, membro da pandilla de Berto e inspirado en nós mesmos.


A conversa pasou moi rápido e todos estábamos moi entretidos coas propostas de Pablo. Nos despedimos coas dedicatorias, tanto de Pablo nos volumes das súas obras na biblioteca, como de nós mesmos cara a el.


Grazas a todos por vir! Vémonos o vindeiro curso!



xoves, 18 de xuño de 2026

O ALUMNADO DE 2º ESO CONVERSA CON ANTÍA YÁÑEZ SOBRE "O MISTERIO DE PORTOMARÍN"

 O día 18 de xuño, o alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de participar nunha charla coa escritora Antía Yáñez sobre a súa novela O misterio de Portomarín.


Durante a conversa, a autora compartiu a súa experiencia e explicou o labor de documentación realizado para ambientar a historia en Portomarín. Tamén destacou a importancia da lectura e da escritura como ferramentas para desenvolver a imaxinación e a creatividade.


A continuación, o alumnado participou activamente formulando preguntas sobre a novela, os seus personaxes e o traballo dunha escritora. As respostas da autora permitiron descubrir curiosidades sobre a obra e comprender mellor os desafíos e satisfaccións que supón a creación literaria.



martes, 16 de xuño de 2026

FERROL PROPOSTA COMO CIDADE AMIGA DA INFANCIA

Ola de novo rapazada!

O pasado venres dia 12 un pequeno grupo de 3 da ESO participou nun pleno municipal xunto con outro alumnado de outros centros, e que encheu o pleno do noso concello de xuventude. Un pleno onde se aprobou que se a cidade de Ferrol fora proposta como “Cidade amiga da infancia” a UNICEF.


Este pleno enmarcabase dentro dunha serie de actuacións, onde esta rapazada estuvo reunida e en debates, e onde se traballou nun manifesto para ser lido neste acto.


Este pleno celebrouse ao mesmo tempo que un pleno extraordinario, ali a rapazada que participaba leron o manifesto conxunto. Un manifesto que poñia de relevo como a rapazada tedes que ter voz propia en moitos ou todos os aspectos e que tedes tamén que tomar decisións de que rumbo queredes para un concello como o noso. 


Participaron na lectura Lois Diaz e Jimena Gómez, ainda que tamén participaron da preparación Inés Ártico, Anxo Rey e Alejandro Pazos.


Despois no momento da votación contabilizouse cos votos de adultos e maiores aprobándose por unanimidade para que Ferrol poida saír elexida como cidade amiga da infancia

Ao finalizar o acto a corporación agasallou cunha figura ao centro de ensino por participar neste proceso. 

Ao final unha foto conxunta nas escadas do consistorio deu por rematado o acto

luns, 15 de xuño de 2026

DIARIOS DE DIFERENTES PERSONAXES. TRABALLO REALIZADO POR 2º ESO

Boas, rapazada!

Pasastes pola biblio ultimamente? Nas nosas fiestras podedes apreciar uns coloridos diarios, mais, de quen son? De Alba, Guille, Zhihan, Gertie, Álex, Dani, Vero… Poderían ser estudantes do Sofía, non si?


Pois nada diso: son personaxes de Por qué tiene que ser todo tan difícil, unha obra teatral de Nando López, protagonizada por 11 adolescentes coa que traballou este trimestre o alumnado de 2.º de ESO na materia de Lingua Castelá e Literatura.


Cada estudante tivo que seleccionar un dos personaxes e meteuse na súa pel escribindo o seu diario para afondar nos seus problemas, sentimentos e pensamentos.


Inseguridades, amizades en perigo, namoramentos, familias complicadas, metas futuras… Sóavos familiar?

Estades máis que convidadas a pasearvos pola exposición e botarlle un ollo aos nosos diarios de personaxes. Quen sabe… igual atopades solución a algún dos vosos problemas!



domingo, 14 de xuño de 2026

LA CASA DE BERNARDA ALBA NO NOSO INSTITUTO

Ola rapazada!

O pasado martes día 9, tivemos toda unha estrea no noso instituto. O grupo de teatro do IES Saturnino Montojo chegou a debutar coa súa montaxe de La casa de Bernarda Alba, a traxedia de Federico García Lorca.


Todos os grupos de 2º da ESO disfrutaron do privilexio de ver esta representación e aplaudiron moito a arte das nove rapazas que encarnaron a Bernarda; as súas cinco fillas: Angustias, Magdalena, Amelia, Martirio e Adela; a súa nai, María Josefa; La Poncia e a criada.


Agradecemos moito a todo o equipo e as súas profesoras: Esther, Pili, Natalia e María, por terse lembrado do noso centro para a súa estrea e desexámoslle a toda a compañía moitos parabéns e grandes éxitos no futuro!



xoves, 4 de xuño de 2026

O NOSO CENTRO PARTICIPA NO CONCURSO "POESÍA E IMAXE"

Ola rapazada!

Hoxe queremos celebrar e parabenizar ao compañeiro Pablo Fernández López de 1 ESO D que foi premiado no “XXVI Certame de Poesia e Imaxe. En Galego, sen filtros” deste ano 2026, na categoría de ESO, onde tamén se premiaron outras dúas obras.

O certame consiste en crear unha obra pictorica ou audiovisual basada nun texto dos moitos que se ofrecen en cada convocatoria.

O acto celebrouse o pasado luns dia 25 de maio no Centro Cultural Carvalho Calero no Barrio do Inferniño.

Alí participaban diferentes categorías de Ed. Infantil, Catergoría de 1-3 de primaria, 4-6 primaria, de bacharelato, de ciclos, de Centros de Educación Especial, e da EOI.

O compañeiro Pablo fixo unha obra pictorica sobre o texto en Lingua Galega, “Prefiro ser a filla do pirata” de Marta Dacosta.


O próximo setembro todas as obras seleccionadas serán expostas no mesmo centro cívico, e poderemos ver a obra do compañeiro Pablo en grande formato.

Moitos parabéns, Pablo!!

luns, 1 de xuño de 2026

GAÑADORES DO II CONCURSO DE MARCADORES ROSALIANOS

Ola rapazada!

Durante un tempo tivemos na biblioteca unha exposición de todos os marcadores que participaron no noso II Concurso de Marcadores Rosalianos que convocamos para finais de febreiro. 

Pero agora queremos lembrar nesta entrada do blog os diseños gañadores, cuxos exemplares xa están a dispor de todos e todas na biblioteca. 

Parabéns para os nosos gañadores que son:

Irati Martínez Quijada de 2º ESO C

Iria Álvarez Gómez de 2º D ESO:

Lucía Zi Fernández Castro de 1º BAC C:

Óscar Gómez Romeu de 1º BAC A

María Gerpe Amado de 1º BAC A

Agradecemos moito a vostra ampla participación!