Amosando publicacións coa etiqueta Festa final de curso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Festa final de curso. Amosar todas as publicacións

sábado, 20 de xuño de 2026

FESTA DE DESPEDIDA DOS CLUBS DA BIBLIOTECA E CHARLA CON PABLO CARREIRO

Ola rapazada!

O pasado martes día 16 tivemos a festa de despedida dos Clubs da Biblioteca (Novela Gráfica, Narrativa Xuvenil e Debate) para a ESO. O evento consistiu nun xantar á sombra dos pinos da entrada do centro; a realización da enquisa por parte do alumnado que non a fixera con anterioridade; a última xuntanza do grupo de Narrativa Xuvenil sobre A balada dos unicornios e a última do grupo de Novela Gráfica sobre Rosalía Oculta; e unha charla-obradoiro co ilustrador vigués Pablo Carreiro, tamén invitado ao xantar.



Estamos moi ilusionados polo bo ambiente que se xenerou durante todo o curso nos nosos Clubs. E boa mostra del foi o comportamento da rapazada durante a comida. Disfrutamos e compartimos un rato moi agradable, onde os compoñentes dos diferentes clubs (46 persoas) se misturaron e compartiron experiencias.



Respecto ás lecturas de A balada dos unicornios, e Rosalía Oculta que serviron de aperitivo á conversa de Pablo Carreiro, todos os participantes manifestaron a súa intención de continuar o vindeiro curso no noso club. Comentaron o seu pracer ao ler esta historia de fantasía de Ledicia Costas e esta versión ilustrada dos poemas de Rosalía de Castro.


O prato forte consistiu na conversa e o obradoiro de ilustración que dirixiu Pablo, partindo da súa triloxía sobre Chico, que é unha recreación da súa adolescencia no persoeiro de Berto. O vindeiro curso pretendemos ler esta historia e outra, escrita en galego, titulada Xirarei, un paseo por moitos puntos da nosa xeografía, Ferrol tamén, do que xa encargamos exemplares. 


Pablo contounos como xurdiu a súa vocación coma ilustrador. Logo dun rato de preguntas e respostas, comezamos o propio obradoiro, onde tivemos que imaxinar e debuxar un persoeiro, membro da pandilla de Berto e inspirado en nós mesmos.


A conversa pasou moi rápido e todos estábamos moi entretidos coas propostas de Pablo. Nos despedimos coas dedicatorias, tanto de Pablo nos volumes das súas obras na biblioteca, como de nós mesmos cara a el.


Grazas a todos por vir! Vémonos o vindeiro curso!