Amosando publicacións coa etiqueta Roteiro por Ferrol. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Roteiro por Ferrol. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de maio de 2026

FESTA DE DESPEDIDA DOS CLUBS DE LECTURA EN BACHARELATO

Ola rapazada!

O pasado martes 19 tivemos unha xornada moi especial na nosa biblioteca. Pretendíamos facer unha despedida emotiva para as rapazas e rapaces de Bacharelato que participaron durante este curso nos dous Clubs de Lectura: o de Novela Gráfica (onde algunhas rapazas xa levan catro anos de experiencia); e o de Narrativa Xuvenil (onde se apuntaron por primeira vez este curso).



Por isto, decidimos xantar todos xuntos e, como o tempo acompañou, puidemos facelo ao aire libre, nas mesas do patio exterior, onde tivemos tamén a nosa última conversa literaria sobre a novela gráfica Contrapaso de Teresa Valero e sobre Anagnórise de Mª Victoria Moreno.




A continuación, Dani guiounos nun interesante roteiro sobre outra novela lida anteriormente: Cinza de Manoel Cráneo sobre o texto de Xavier Alcalá. Sabedes que fala da vida dun estudiante ferrolán, trasunto do autor, e nos presenta as súas andainas polo Ferrol da década dos 50 do século pasado. 


Así,  primeiro visitamos o IES Concepción Arenal (onde estudou o protagonista da novela) e quedamos abraiados pola súa señorial biblioteca. A continuación, fomos parando en distintos puntos do barrio da Magdalena: praza de España, praza de Armas, praza de Amboage, comparando as vistas das ilustracións coas actuais. 



As anécdotas contadas por Dani foron moitas, comprobamos o transcurso do tempo polas vellas pedras da nosa cidade; e, sobre todo, disfrutamos tanto con esta experiencia de camiñar lendo, ou ler camiñando... 

 


Grazas pola vosa asistencia!