Ola rapazada!
Por fin onte rematamos a entrega de premios do II Concurso de Poesía. Tocábanos premiar aos máis pequenos, os rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO. E a biblioteca tornouse de novo unha festa coas palabras recitadas, a emoción contida e os agasallos.
Parabéns a todos os participantes, aos premiados e aos profesores e profesoras que vos animaron a escribir!
Aquí vos deixamos as fotos do momento e as palabras de Dani que condensan o parecer do xurado.
LINGUA CASTELÁ
1º PREMIO: Julia Álvarez Sánchez: “El
camino sigue”
Por ter creado un poema que debuxa unha
paisaxe onde a voz poética parece balancearse ou saltar á corda.
Pola presenza de imaxes surreais (“Mis
sueños brillan como un gran... café”) que amosan a necesidade de
xogo pese á seriedade do tema.
Por abordar o tema da inquedanza ante o
futuro e o medo ante o erro que se ve amortecido grazas a uns
elementos da natureza (“las estrellas”) que iluminan o seu camiño
e lle dan seguridade para refirmar a súa autoestima.
1º ACCÉSIT: Jimena Gómez Ramonde:
“Mi vida”
Pola utilización dunha voz poética en
1ª persoa que relata un confesión de inseguridades e inquedanzas.
Pola presenza de antíteses (“he
viajado a escondidas / por miedo a ser encontrada / he bailado sin
miedo de ser buscada”) e paradoxos (“he abrazado la mentira /
para poder ser clara”) que reforzan o significado dun sufrimento
que xorde ante os celos por ver a persoa amada feliz.
Pola confesión de que a persoa amada é
a posuidora da súa existencia e que sen ela só queda o sufrimento.
2º ACCÉSIT: Dayana Inastrillas López: “Una
educadora de mi infancia”
Por ter creado un poema con estrutura
dramática que fai dialogar a voz poética con nós, amosando
sentimentos, recordos e agradecemento e compartindo un anaco de
intimidade.
Pola presenza dun retrato logrado con
só tres palabras ("Esa chica alta, guapa y divertida") que logra que sintamos curiosidade por coñecer a Rosalía.
Pola mensaxe de agradecemento sincero e veraz.
LINGUA GALEGA
1º PREMIO: Lucas de la Piñera Ortiz: “Noso
vento"
Por ter logrado transmitir dunha
maneira aparentemente sinxela (o que é moi difícil en literatura) a
sensación do vento.
Pola utilización de hipérbatos,
aliteracións e paronomasias para romper o ritmo dos numerosos
paralelismos.
Pola personificación da “Natureza”
como creadora de vida e a personificación do “Vento” (con
maiúscula) como axente necesario para que a “Natureza” produza
alimentos e, o que é máis importante, mova os nosos sentimentos.
Ante a ausencia do gañador, o seu profesor Henrique recitou o seu poema.
ACCÉSIT: Carolina Alsina Ferro: “O bosque
e o esquío”
Pola creación de un ritmo áxil
cargado de musicalidade. Ritmo que se logra coa repetición de
estruturas paralelísticas, a utilización do xerundio en lugar de
rima nas dúas primeiras estrofas e as palabras agudas nas dúas
últimas, de xeito que imita as pandeiretas e invita ao baile.
Pola queixa (“Ai!”) que amosa a
preocupación da voz poética polo futuro dunha criatura inocente
(representada por un “esquío”) ante as inclemencias do tempo.
Pola elección do tema da natureza para
amosar as inquedanzas humanas.
ÁRABE
1º PREMIO: Imane Kassimi Idrissi: “Amor
familiar”
Por recoñecer a importancia dos
membros da familia, nai, pai, irmá e irmán, identificados
respectivamante como “luz, pilar, bálsamo y escudo”.
Pola estrutura aparentemente sinxela
que recorda unha oración de “bienaventuranza”
e que logra crear ritmo coa simple variación que se logra coa elipse
(“La hermana es bálsamo para las heridas, / El hermano, un escudo
ante la adversidad.”)
Pola presenza dun léxico positivo
(“orgullo, fuerza, sol, amor, felicidad, eternidad”) que supera
“el dolor” e “la adversidad”.