Que ben o pasei hoxe! Realmente vos estades superando. Disfrutei moitísimo na nosa sesión de hoxe. Si. Eu tamén estaba alí. Non digades que non me vistes. Pero se sempre vos presto a miña imaxe para as vosas presentacións! Son un verdadeiro top model, non? A outra xornada estreei un vermello forro polar moi quentiño, esta volta un broche coa forma dun sinsajo.
Pois si. Alí estaba eu escoitando a Daniela, Aida e Samuel que coido que fixeron un traballo moi completo: resumo, debuxos, análise de cada distrito. Todo ilustrado coa presentación e ambientado coa música da balada de Rue da película, que espero que pronto Cris colgue noutro sitio deste blogue.

E agora, no Nadal, moi atentos ao novo reto: Dragal. I. A herdanza do dragón de Elena Gallego Abad. Pasamos da ciencia-ficción á novela fantástica, de Katniss á Hadrián, da area dos 74 Xogos da Fame á fachada da igrexa de San Pedro, nunha vila galega, onde se agocha un dragón de pedra.
Boa lectura e boas festas! Vémonos o 15 de xaneiro.
Socas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario