luns, 10 de xuño de 2013

UNHA DOCE DESPEDIDA

Ola rapaces!

Como sei que estades traballando moi firme para rematar con moito éxito este curso, quero animarvos cunha boa nova. O vindeiro 18 martes ás 16,30 estades convidados -os membros do Club de Lectura- a unha festa de fin de curso. Nela, Cecilia e Raquel presentarán a nosa última lectura, O libro dos portais, de Laura Gallego. E logo, terá lugar a nosa III edición da Festa das Tartas Literarias. Que que son? Pois, como tamén fixemos os dous últimos cursos, trátase de engadir un novo ingrediente aos tradicionais da repostería, o da lectura. E a ver que se cociña! 

Poñede a traballar a imaxinación e os fogóns, porque vos espero con agarimo. Un curso tan especial coma este ben merece unha doce despedida.

E non esquezades que para as longas tardes de verán, a mellor compañía vai ser un bo libro. Por iso, durante a festa e os días seguintes, facilitarémosvos o préstamo de verán. Podedes -esta vez todos- levar para casa ata tres libros da miña biblio para todo o tempo estival. Non desaproveitedes a ocasión!

Ningún comentario:

Publicar un comentario