Estabamos esperando a ter todo o
material, as fotos, o vídeo, a unidade didáctica sobre a poesía... Pero xa non
podemos esperar máis. O tempo pasa, e é moita hora de contarvos -aínda que sexa
brevemente- o que aconteceu o día 15 de febreiro no Concepción Arenal. Vid.
entrada anterior: "Temos unha cita
o día 15".
Fomos moi ben recibidos, a verdade. Todo
estaba marabillosamente organizado (Ana Vizoso á fronte) e decorado
(carteis dos alumnos de Artes). E recitaron, claro que recitaron. Se xa o dicía
o mestre: "A poesía é o gran milagre do mundo".
Pasémoslle a palabra aos do Masculino,
que recolleron o evento no seu blog:
Se ata La Voz de
Galicia deu conta da noticia…
Ningún comentario:
Publicar un comentario