E para facer a xornada máis completa se cabe, tamén o día 14 tivemos o II Encontro de Clubs Manga do IES de Catabois e o IES Sofía Casanova.
A nosa biblioteca transformouse por arte de Vily birloque na casa de Totoro pois o tiñamos en todas partes. E non faltaron tampouco os disfraces e pelucas en algúns dos máis entusiastas como Lia o Christian.
Viñeron a xantar conosco un nutrido grupo de rapaces e rapazas de Catabois coas súas profes: Pili e Mónica. Para algúns xa era o segundo encontro e non foi difícil interactuar. Ao final parecían amigos de toda a vida.
Logo dos agasaios (un bizcoito, unhas bolachas en forma de Totoro, uns marcapáxinas pola nosa parte ou unha libreta moi cuca pola súa), comezamos falar das nosas actividades. Daniel, Lia e Sabela presentaron algúns dos seus mangas ou animes favoritos.
Tamén fixemos unhas manualidades similares as do día no que viñeron os de Concepción Arenal. Coas nosas polaroid lembramos a nosa infancia en unhas instantáneas.
Pensamos seguir en contacto e no vindeiro curso programar máis encontros e actividades conxuntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario