luns, 24 de febreiro de 2020

DÍA DE ROSALÍA

Ola rapaces!
Este día 24 de febreiro celébrase, como sabedes, o Día de Rosalía. Nosoutros tamén quixemos destacar a figura desta aurtora e participamos en actividades encamiñadas a difundir a importante obra da escritora galega. Nesta ocasión seguindo a iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que este ano ten como  lema #ErrantesPoloMundo_drc_20, quixemos tamén chamar a atención sobre o problema das migracións, como vimos facendo fai dous cursos no tratamento das efemérides do Día da Paz, que podedes leer en entradas anteriores do noso blog.
Para iso fixóse unha escolla de poemas e libros que deixamos nunha exposición na entrada do instituto. Aquí algúns profesores fixeron lecturas de poemas cos seus alumnos, para insistir no desarraigo e nos sentimentos que deixa a necesidade de emigrar que relata Rosalía, como medio de achegar ó alumado a comprensión da problemática que afecta  os migrantes e refuxiados que están a producir diferentes conflitos no mundo.
No blog de dinamización tedes máis infomación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario