xoves, 12 de marzo de 2020

VISITA DE ANDREA MACEIRAS



Ola rapaces!

O día 9 de marzo recibimos o a visita da xove e prolífica escritora Andrea Maceiras. Esta actividade estaba organizada polos Departamentos de Lingua Galega, Dinamización e a Biblioteca.        A charla tivo lugar no salón de actos do instituto. A autora fíxonos unha presentación sobre o proceso creativo do seu libro:
  Conta nove estrelas 
Na súa exposición explicounos  que lle inspirou a facer unha historia tan máxica e entretida. Despois da distendida charla de Andrea, moitos alumnos  fixeron unha rolda de preguntas, que ela respondeu con gran  entusisamo. Para rematar  asinou varios exemplares que lle trouxeron os asistentes. Foi unha xornada divertida e moi interesante con esta  escritora que nos serve de inspiración a todos nós.  Antes de despedirse do centro, foi tan amable de contestar as preguntas que lle tiñan preparadas unhas reporteiras moi especiais de primeiro da ESO.
Deixamos as fotos da xornada, xunto coa trancripción da entrevista  e un vídeo onde a autora le un texto de este entretido  libro  de ciencia fición que foi Premio Lazarillo 2018.

Ningún comentario:

Publicar un comentario