domingo, 17 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020: RCC.


Desde a Biblioteca do IES Sofía Casanova, queremos homenaxear o autor ao que se  adican as Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero.

Nestas circunstancias excepcionais, no que todo se pospón, necesariamente, queremos comentar algo deste paisán (naceu en Ferrol). Non o sabiades? E sabedes en que estado está a casa da rúa San Franscico onde viviu? Pois é algo que hai que ver…

Aínda que só sexa por isto: História da Literatura Galega Contemporánea. E por máis (moito máis), merece a homenaxe que lle ían facer (e farán) nas Letras Galegas 2020.

Polo momento, aquí tedes a nosa contribución:

Blog do EDL, nesta ligazón.
Escape Room sobre Carballo Calero, con 1º Bacharelato C (en elaboración).  
Traballo da Biblioteca IES Sofía Casanova. 
Traballo da materia de “Investigación e tratamento da información”, 1º ESO: “Carvalho Calero  e Ferrol”. 
De momento, sabede que os alumnos traballaron máis, moito máis… Pero seguen investigando estas etapas:
  1. Nacemento e primeiros estudos (1910-1926).
  2. 1933: Volta a Ferrol  ao obter a praza de auxiliar administrativo no Concello. Nestes anos Carballo Calero contribuíu con numerosas colaboracións nas máis destacadas revistas e comezou a publicar os seus textos poéticos, primeiro en castelán e despois en galego.
  3. Estudos (por libre) da carreira de Filosofía e Letras.
  4. Participación no movemento galeguista a nivel local e nacional.
  5. Tras pasar un tempo na cadea, en 1941 saíu en liberdade provisional. Volve a Ferrol. Non pode dar clases no ensino público e  traballa no ensino privado en Lugo.
  6. Establece contactos cos galeguistas que estaban en Galicia. Nesta época, ademais do traballo, ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 17 de maio de 1958.

Seguimos investigando. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario