O día 11 de xaneiro celébrase o Día da usuaria e do usuario das bibliotecas, por este motivo non queremos deixar de pasar esta oportunidade para agradecer a todos os ususarios e usuarias da nosa biblioteca o seu entusiasmo no seguimento das propostas que adoitamos facer e a súa colaboración en múltiples oportunidades. Para felicitalos adoitamos facer a nosa festa anual das tartas literarias, adiada nestes últimos anos pola situación sanitaria pero que esperamos poder retomar o antes posible. Tamén adoitamos entregar nesa festa os premios ós nosos ususarios en diversas categorías.
Nesta ocasión queremos traer aquí dúas iniciativas que poden resultar de interés para os nosos usuarios.
Que é a Lectura Fácil ( LF)? Son libros, documentos administrativos e legais, textos informativos, páxinas web... que seguen as directrices Internacionais da IFLA( International Federation of Library Associations and Institutions) e de Inclusion Europe en canto á linguaxe, o contido e a forma. A ALF revisa os materiais de Lectura Fácil e os valida co logo LF. A quen se dirixe? A Lectura Fácil diríxese a todas as persoas, en especial a aquelas que teñen dificultades lectoras transitorias (inmigración, incorporación tardía á lectura, escolarización deficiente...) ou permanentes (trastornos da aprendizaxe, diversidade funcional, senilidade...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario