xoves, 24 de outubro de 2024

PRIMEIRA XUNTANZA DO CLUB DE NOVELA GRÁFICA COS RAPACES DE 1º E 2º ESO

Ola rapaces!

Onte tivemos a nostra primeira xuntanza do Club de Novela Gráfica con rapaces de 1º e 2º da ESO.  


Acudiron Dayana, Diana L., Diana C., Gabriela, Lucas, Emma e Carolina. Transmitiron o seu entusiasmo coa lectura de Fuera de lugar, a primeira entrega da colección de Lucy Knisley onde mostra a tres nenas que teñen que comezar unha nova vida nunha aldea trala voda dos seus pais. E precisamente o rural non será o seu...  

María, Patricia, Raquel e Dani tamén contáronos o seu parecer. E quedamos en seguir o vindeiro mes co Truco o beso, a segunda entrega da colección, que vén xenial para estas datas de Samaín.



Ningún comentario:

Publicar un comentario