Que tal, rapazada?
Pensabades que o Club de Debate xa non se ía despedir? Pois para celebrar a fin de curso, o último día de clases organizamos uns debates 1 contra 1 nos que o alumnado implicado tivo que preparar o a favor e o en contra de tres temas interesantísimos.
- Deberían os centros escolares atrasar a hora de entrada e de saída para facilitar o descanso do alumnado?
- É aceptable que grandes futbolistas e streamers teñan soldos millonarios mentres que profesionais esenciais (profesores, médicos) cobran salarios normais?
- En traballos grupais, debería o alumnado elixir os compañeiros ou deberían ser asignados polo profesorado?
Tras as quendas de presentación dos argumentos, chegou a parte máis interesante de cada enfrontamento: contrataques, razoamentos, evidencias, preguntas… Sen dúbida, os nosos oradores fixeron un gran traballo de persuasión, axilidade mental e respecto. Non llo puxeron nada fácil ao xurado!
Con esta xornada tan intensa poñemos o broche de ouro a un curso estupendo no Club de Debate. Moitas grazas a todos e todas por participar con tantísimo entusiasmo.
Pasade un verán xenial e vémonos o curso que vén con máis debates e mellores argumentos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario