martes, 24 de novembro de 2026

ACTIVIDADES SOBRE O 25 DE NOVEMBRO

Ola rapazada!

Anotamos aquí as actividades relativas ao 25 de novembro.


I Concurso de relatos curtos.

A nosa pretensión é reflexionar, concienciar e sensibilizar o alumnado sobre a importancia da loita contra a violencia de xénero, o respecto, a igualdade de oportunidades e a construción de relacións sas.

Os relatos deberán xirar arredor da temática do 25 de Novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (rexeitamento das violencias machistas, empoderamento, libre afectividade, convivencia e igualdade).

Poderá participar todo o alumnado matriculado no centro, distribuído en categorías segundo os cursos: 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, e 1º e 2º de Bacharelato.

Le ben as normas do concurso:

As obras deberán estar escritas en lingua galega.

Os textos deben ser orixinais e inéditos,

A extensión dos relatos será se de entre 200 e 300 palabras.

Os textos que non sexa doado comprender por graves erros ortográficos e gramaticais serán rexeitados.

A presentación ten que ser coidada e a letra lexible, en caso contrario, os textos serán rexeitados.

Os textos deben ter título.

A entrega realizarase na biblioteca ata o 27 de novembro, co nome e curso da alumna ou alumno.

Agora le ben os criterios de valoración:

• Calidade literaria e orixinalidade do texto.

• Corrección lingüística e adecuación ao uso do galego.

• Profundidade na abordaxe da temática da igualdade e o rexeitamento da violencia de xénero.

Os premios serán un diploma e vale para a cafetería. (Os premios poderán declararse desertos se o xurado considera que a calidade das obras non acada o mínimo esixible).

A entrega de premios terá lugar durante a seguinte semana do 25 de Novembro. As obras gañadoras serán publicadas no blog da biblioteca.

Lembra que a participación neste concurso implica a total aceptación destas bases. Calquera aspecto non previsto noutros puntos será resolto polo xurado.

Animádevos a escribir e participar!

Exposicións de libros:

A biblioteca proponvos unha selección de títulos para todos os niveis que tratan de educarnos no rexeitamento das actitudes machistas e na potenciación da igualdade e a convivencia. 

Non deixedes pasar esta oportunidade e animádevos para a súa lectura. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario