sábado, 31 de outubro de 2020
SAMAÍN 2020
sábado, 24 de outubro de 2020
24 DE OUTUBRO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS
Ola rapaces!
Velaiquí o día 24, o noso, o da casa común, o das bibliotecas. Normalmente ao chegar esta data, se ben recén comezado o curso, atopábamonos xa inmersos na voráxine de poñer en marcha todas as nosas actividades. Para entón xa teriamos feita a nosa primeira xuntanza común, as xornadas de acollida nos cursos de primeiro. Xurdirían xa os diferentes grupos. Os de manga, tan alborotados xa terían falado dos seus animes favoritos e terían colgado no seu blog as primeiras presentacións. O club de lectura tería posto no taboleiro as datas de xuntanza para cada segundo martes do mes cos seus títulos escollidos. Sonche tan organizadiños... Os de obradoiro, con aquilo de terse xuntado cada semana no despacho de Emilio, xa escribiran unha ducia de microrrelatos por cabeza. O club de adultos xa estaría a funcionar coa súa cadencia habitual dos últimos martes de mes. E normalmente aproveitabamos esta data do Día Internacional das Bibliotecas, para a nosa primeira visita á residencia de maiores.
Porén, polas razóns que todos coñecedes, este ano apenas temos espazo propio, apenas temos presenza nos carteis do centro, apenas teñen difusión as nosas actividades. Actividades que, por certo, xa comezaron. Con outro ritmo, si, pero nós non nos rendimos. Os de obradoiro xa van pola segunda xuntanza, os segundos recreos dos vernes na biblioteca. Os de club de lectura, este ano de novo adicado á poesía, uniron forzas cos anteriores e vense un vernes ao mes ao mesmo tempo que eles. Os de manga están á espera de atopar un bo momento e sobre todo un espazo onde collan todos. Tivemos que adiar o comezo do club de adultos. E o voluntariado? Iso está máis dificil. Os maiores son moi delicados e está complicado ir alí. Pero temos idea de facerlles os nosos vídeos. Para que vexan que non os esquecemos.
Cada ano adicabamos esta data do 24 de outubro a un autor concreto: Lorca co seu discurso na inauguración da biblioteca do seu pobo natal, Fuentevaqueros, Borges co seu soño dun paraíso en forma de biblioteca. E hoxe queremos lembrar ao gran Quino, de cuxo pasamento falabamos non hai moito. Por iso deixamos aquí o cartel que fixo Vily, co que, agora si, queremos forrar as paredes do centro, na medida que sexa posible.
O importante é que aprendamos de Mafalda, Manolito, Libertad, Felipe, Susanita... o seu sentido crítico, a súa ironía e que entre todos fagamos un mundo con un pouco mái
s de sentidiño.
luns, 19 de outubro de 2020
CENTENARIO DO NACEMENTO DE MIGUEL DELIBES
No medio de tantas e tan dolorosas noticias, unha lembranza pon un fío de esperanza. A da chegada ao mundo dun dos grandes, do escritor don Miguel Delibes Setién.
A súas novelas dende La sombra del ciprés es alargada ata El hereje acompañáronnos tanto tempo e quedarán connosco para sempre. Personaxes inesquecibles como Daniel El Mochuelo, Germán el Tiñoso e Roque el Moñigo; Quico; El Nini; Don Eloy e Desi; Mario e Menchu; Paco el Bajo; Cipriano Salcedo... E tantos outros.
A súa mensaxe en prol da conservación da terra, dos usos e costumes ancestrais, a favor dos pequenos e desfavorecidos... é hoxe máis necesaria que nunca.
E o mellor xeito de non esquecela e seguir lendo as súas páxinas. Atoparedes moitas delas aquí, na vosa biblioteca. Están esperándovos.
mércores, 14 de outubro de 2020
REUNIÓN CLUB DE LECTURA E OBRADOIRO DE ESCRITURA
Ola rapaces!
Logo da xuntanza informativa do pasado mércores, xa estamos listos para comezar os CLUBS propiamente ditos. Por iso, vos esperamos a todos o vindeiro vernes no segundo recreo na BIBLIOTECA.
De momento imos xuntar o OBRADOIRO DE ESCRITURA co CLUB DE POESÍA porque temos intereses comúns. O escritor soe ser un bo lector. E como o obradoiro está especializado en microescritura, que mellor xénero en miniatura que un poema?
Animádevos a vir!
mércores, 30 de setembro de 2020
Adiós a "Quino" o pai de Mafalda
mércores, 24 de xuño de 2020
A COFRADÍA DO OBRADOIRO DE MICROESCRITURA
- O mencionado Iago, de cuxos produtos (gráficos e literarios) algo saben tamén os membros desoutra irmandade manguense.
- Javi, famoso polos seus relatos con finais borgianos.
- Sara, de cuxa profundidade retórica tiñamos coñecemento e que foi louvada polo mesmísimo Lord Karlotti.
- Sabela, dama samurai cunha ampla obra baixo a súa armadura…
- Tony, xove escudeiro cun amplo abanico de intereses, e que promete moito.
- Lía, outra dama chegada do Imperio do Sol Nacente...
Emilio, lanzaba a luva do reto pero atacaba primeiro con esta aportación:
“Añoro el tiempo en que adoraba escalar sin cuerdas la nariz de un moai, dijo el Ministro de Deportes Suicidas.”
3. Microbiografías de heterónimos: O tema do desdobramento intriga moito aos nosos cabaleiros e damas. Moito discutiron sobre él. Algúns elixiron os seus nomes, pero aquí debían dar un paso máis e escribir, sempre en formato micro, a súa biografía. Velaiquí a dun deles, cuxo nome celamos nós tamén:
"Luis XIV"
domingo, 21 de xuño de 2020
GUÍA DE LECTURA 2020
xoves, 11 de xuño de 2020
CARTEIS SOBRE IGUALDADE: MULLERES CIENTÍFICAS
- Hipatia. (360-415) astrónoma, filósofa e matemática. Maestra na biblioteca de Alexandría.
- Sophie Germain (1776-1831) matemática. Primeira muller en gañar un Premio da Academia de París.
- Ada Lovelace (1815-1852) matemática e escritora. Primeira programadora de ordenadores.
- Marie Curie (1867-1934) física e química. Única persona en gañar dous Premios Nobel.
- Cecilia Payne (1900-1979) astrónoma e astrofísica. Primeira persoa en calcular a temperatura dunha estrela.
- Ángela Ruiz Robles (1895-1975) mestra, escritora e inventora. Inventou a primeira enciclopedia mecánica
- Chien Shiung-Wu (1912-1997) física experimental. Realizou importantes descubrimentos sobre física nuclear.
- Hedy Lamar (1924-2000) inventora e actriz de cine. Inventou o "salto de frecuencia".
- Katherine Jonhson (1918-2020) física, matemática e científica espacial. Todo un referente na NASA.
- Margarita Salas (1938) bioquímica. Pioneira en bioloxía molecular.
- Donna Strickland (1959) física. Inventora dun sistema láser e Premio Nóbel.
- Maryam Mirzakhani (1977-2017) matemática. Primeira muller en gañar o Premio Fields.
sábado, 6 de xuño de 2020
5 DE XUÑO DÍA DO MEDIO AMBIENTE
Con esa premisa da reciclaxe decoramos as nosas cabazas e fixemos os nosos obradoiros. En novembro reciclamos as nosas flores da campaña de anos pasados para facer unha pancarta que levaron os nosos alumnos de 1º e 2º da ESO á actividade proposta desde o concello. E seguimos a empregalas para a nosa visita ós anciáns con motivo do Día de Loita contra a Violencia de Xénero. De esta campaña titulada:”Pasos para erradicar a violencia”, fomos reciclando os elementos e fixemos a do Día da Paz: “ Pasos pola paz”, a do Día de Rosalía: “ Pasos errantes” e a do Día da Muller: “ Pasos pola igualdade”. Ten razón o noso alumnado: a nosa actitude de gardar e reciclar nas nosas actividades é a mellor campaña que podemos facer.venres, 5 de xuño de 2020
UN CLUB CHEO DE POESÍA
- Mariano Durán: Radiografía bárbara.
- Karlotti:"El perdón del intruso"
- Carmen Jodrá: Las moras agraces.
- Kavafis: "Itaca"
- José Manuel Caballero Bonald: "Verdad poética"
- Escolma salvaxe.
- Jaime Gil de Biedma: Las personas del verbo.
- Claudio Rodríguez: Don de la ebriedad.
- José Martí: Versos sencillos.
- Carlos Negro: Aplicación instantánea.
.
xoves, 4 de xuño de 2020
O PROXECTO LÓVA
Tamén visitamos o teatro Jofre e recibimos axudas de profesionais do espectáculo como o tío de David, Pablo Fernández, que nos falou da súa experiencia como creativo en teatros londinenses.
mércores, 20 de maio de 2020
domingo, 17 de maio de 2020
LETRAS GALEGAS 2020: RCC.
Desde a Biblioteca do IES Sofía Casanova, queremos homenaxear o autor ao que se adican as Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero.
Polo momento, aquí tedes a nosa contribución:
Blog do EDL, nesta ligazón.
Escape Room sobre Carballo Calero, con 1º Bacharelato C (en elaboración).
Traballo da Biblioteca IES Sofía Casanova.
Traballo da materia de “Investigación e tratamento da información”, 1º ESO: “Carvalho Calero e Ferrol”.
De momento, sabede que os alumnos traballaron máis, moito máis… Pero seguen investigando estas etapas:
- Nacemento e primeiros estudos (1910-1926).
- 1933: Volta a Ferrol ao obter a praza de auxiliar administrativo no Concello. Nestes anos Carballo Calero contribuíu con numerosas colaboracións nas máis destacadas revistas e comezou a publicar os seus textos poéticos, primeiro en castelán e despois en galego.
- Estudos (por libre) da carreira de Filosofía e Letras.
- Participación no movemento galeguista a nivel local e nacional.
- Tras pasar un tempo na cadea, en 1941 saíu en liberdade
provisional. Volve a Ferrol. Non pode dar clases no
ensino público e traballa no ensino privado en Lugo.
- Establece contactos cos galeguistas que estaban en Galicia. Nesta época, ademais do traballo, ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 17 de maio de 1958.
xoves, 23 de abril de 2020
DÍA DO LIBRO CONFINADOS
- 1º ESO. A descripción de personaxes en pequenos textos.
- 2º ESO. Literatura e cine: exemplos tomados de Galdós.
- 3º ESO. Galdós revisa autores clásicos.
- 4º ESO. A obra de Galdós.






























