sábado, 14 de decembro de 2013

Os personaxes de Dez negriños: pasado e presente.


. Edward Armstrong, médico. Acusado de causar a morte dunha paciente por operala baixo os efetos do alcol.
. William Blore, un policía retirado que finxe saber máis do que aparenta polo seu propio ben. Acusado de provocar a morte dun home ao inculpalo dun delito que non cometera, o que o levou a ser encarcelado e, alí, en prisión, morrer.
. Emily Brent, unha austera e incondicional católica. Acusada de matar á súa doncela, Beatrice, ao despedila cando se enteirou de que quedara embarazada, o que fai que os seus pais a boten da casa e que termine por tirarse ao río.
. Vera Claythorne, unha xoven que exerceu de institutriz e agora, de secretaria. Acusada de matar a un dos seus alumnos, Cyril, o sobriño do xoven que lle gustaba, Hugo, ao alentalo a que se adentrase no mar a pesar de non saber nadar, para que morrese e que, deste xeito, Hugo puidese herdar os cartos do seu irmán (o pai de Cyril).
. Philip Lombard, coronel, intelixente e cunha mentalidade imperturbable. Acusado de facer que 21 nativos africanos morreran de fame ao abandonalos na selva durante o seu breve período como mercenario en África.
. John MacArthur, xeneral retirado que loitou na Primeira Guerra Mundial. Acusado de matar ao amante da súa muller por envialo a una misión suicida.
. Anthony Marston, un xoven fermoso e vanidoso que non amosa consideración algunha polos demais. Acusado de causar a morte de dous nenos ao atropelalos con seu coche.
. Thomas y Ethel Rogers, os criados que se encargan dos cuidados dos oito hóspedes (el é o maiordomo; ela, a cociñeira). Ambos os dous son acusados de provocar a morte da súa antiga dama, unha anciá americana e enferma, para quedarse co seu diñeiro.
. Lawrence Wargrave, un xuíz sensato, pero que disfruta condenando aos acusados a cadena perpetua, e incluso á pena de morte. Acusado de enviar a un suposto asesino á morte ao falsificar as probas do xuízo, as cales o declaraban inocente.

1 comentario:

  1. Qué interesante, Dani! Toda esta información está moi ben e completa o falado na sesión. Temos que pedirlle a Emilio que nos suba os xogos que tiña preparados sobre os posibles finais.

    ResponderEliminar