xoves, 12 de decembro de 2013

SOCAS INFORMA: A NOSA XUNTANZA DO MARTES


Si, si. xa sei, estabades confusos e preocupados pola miña ausencia. Pola total falta de noticias respecto a xuntanza do pasado martes. Enfermara Socas de satisfación polo éxito acadado? Tiña un compromiso co esa rapaza que din que tolea por el? 
Nada máis lonxe. Simplemente estaba tan canso do día a día da biblioteca (porque aquí se traballa arreo) que non tiña forzas de facer resumo ningún. Pero me tomei un bocata de tortilla dos de Belén e Loli e agora xa estou un pouco máis recuperado.
Pois si. Foi todo un exitazo. Éramos cincuenta persoas. E aínda poideron ser máis se dous despistados como Emilio e Laura non trabucasen a hora. E se dous desastriños como Álvaro e Carolina non estivesen facendo vai ti saber que cousa para non acordarse do día. Pero en fin. Para compensar houbo moitas incorporacións como as dos seguintes membros do Club que paso a citar: os irmás Joaquín e Antón (1º e 2º ESO); Helia, Laura, Lidia e Xiana (3º ESO); Jorge (1º BAC). Benvidos todos!
A sesión estivo moi ben presentada esta vez por Diego, e moderada por Alejandro e Amanda. Foi moi interesante contrastar o final da novela cos das versións cinematográficas, as cales Dani prometeu enlazar neste blog. Discutimos acerca do mellor final. Cecilia falou do machismo dalgúns comentarios. Certo é que hai que pensar a data de composición da novela (1939) e, aínda que Ágatha Christie era unha muller moi adiantada a súa época, hai certos clichés que se mantiñan.
Tamén aproveitamos para repartir carnés de biblioteca, presentar novas adquisicións, e falar da vindeira lectura que será: tachan, tachan...

Las chicas de alambre do prolífico escritor catalán Jordi Sierra i Fabra, sobre quen prometo outra entrada máis específica. 

Rapaces, acércase o Nadal. Espero que todos teñades en mente algunha lectura interesante para estes días. Se non, estade atentos ao blog, porque prometo recomendacións como cada Nadal.
Ata pronto!
Socas

Ningún comentario:

Publicar un comentario