martes, 22 de maio de 2018

VISITA DO CLUB MANGA A CATABOIS

Ola rapaces!
Este mes é o dos encontros e hoxe tivo lugar o I Encontro dos Clubs Manga de Catabois e do Sofía Casanova. Recibíronos alí con moito agarimo. E sei de boa fonte que algunha botou unha lagrimiña ao recordar vellos tempos. 

Logo de ensinarnos a súa fermosa biblioteca, subimos ao salón de actos decorado con motivos manga onde comimos. Invitáronos a bebida e a fruta. A continuación Saúl e Alicia, dous rapaces do Catabois, fixeron a presentación das súas actividades. Seguidamente todos falamos a partir dun xogo de autopresentación no que algún fixo os seus pinitos en xaponés. Escoitamos moitas recomendacións interesantes.

Carolina e Iván, pola nosa parte, falaron das nosas actividades e proxectamos o video sobre diversidade que acabamos de rematar.



Cun agasaio mutuo de sendos marcapáxinas conmemorativos, despedímonos ata o vindeiro curso no que toca que eles veñan a ver a nosa biblioteca.



Creo que hoxe foi o comezo de moitas bonitas amizades.
Ata pronto!







Ningún comentario:

Publicar un comentario