Ola rapaces!
Non sei onde teño a cabeciña. Pois aínda non comentamos aquí a noticia do verán. A concesión a nosa biblioteca do Selo de Biblioteca Escolar Solidaria que nos otorgou a Xunta.
Como isto acadeu no medio das vacacións estivais, non tivemos tempo de falarlo. E logo con todo a balbordo do inicio do curso, esquecéuseme.
Pero aquí vai a boa nova. Somos unha das poucas bibliotecas que teñen este recoñecemento oficial. E devo dicir que este premio é voso. Realmente é unha honra tervos a vós, os nosos voluntarios: os internos que colaboran no funcionamento día a día dos servizos; e os externos, que acompañan aos maiores coas súas fermosas visitas ao xeriátrico.
E que isto nos sirva para medrar aínda máis no noso compromiso de facer a biblioteca do noso IES na casa común de todos, de dentro e de fóra do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario