Ola, rapazada!
Onte tivemos a nosa xuntanza coa sección do tercero e cuarto da ESO do Club de Novela Gráfica. Lemos Alison de Lizzy Stewart, libro recoñecido con moitos recoñecementos según diversos medios.
A novela retrata como Alison escapa dunha existencia anodina nun pobo costeiro, cun marido que non lle sastisfai, e mergúllase na vida artística do Londres dos anos 80. Defende o criterio das mulleres de elixir o propio rumbo.
Houbo certas discrepancias no comentario. Antón incluso se sentira identificado con Alison. A Miguel tamén lle gustou. A Inés, en cambio, lle pareceu que a vida da protagonista non amosaba ningún acontecemento salientable. A Raquel non lle gustaba que a rapaza se deixara levar sempre do criterio dos demáis: o marido, as amigas, o noivo artista...
Irene comentou que lle gustara que mestura os deseños co texto, semellando ás veces a un diario persoal, e outras a un caderno de artista. A Patricia encantoulle como reflicte a vida cotiá dunha rapaza e como mostra os pequenos detalles caseiros nalgunhas páxinas.
Esperamos que gocedes coa próxima aventura!


Ningún comentario:
Publicar un comentario