Boas, rapazada!
Despois dun arduo traballo, na derradeira fin de semana de febreiro e na primeira de marzo, os equipos de debate do Sofía Casanova acudimos á liga de debate Parlamento Xove e a experiencia non puido ser máis enriquecedora.
Chegamos o venres pola tarde á Residencia de Tempo Libre do Carballiño, onde, tras acomodarnos nos nosos cuartos, sortearon os horarios e os rivais aos que nos enfrontariamos o sábado.
Afrontar o tema deste ano, “A dixitalización mellora realmente a calidade da aprendizaxe?”, non foi unha tarefa sinxela. Tivemos que buscar e contrastar datos, filtrar a información e convertila en argumentacións de peso para defender as nosas teses.
O crecemento entre o primeiro debate e o último dos dous equipos foi espectacular e a nosa vitoria estivo en cada palabra dita e en cada medo superado. Os nosos oradores e oradoras demostraron nas súas intervencións que no centro temos unha nova xeración de pensadores críticos que non se renden ante as dificultades.
Queremos dar os parabéns, por unha banda, a Antón Corral, María Franch, Martín Arzúa e Myriam Varela (4.º de ESO) e, por outra, a Yunaisi Lissett, Hugo Gacio, Noa González e Isabel Alsina (1.º de Bacharelato), pola súa implicación e pola súa incrible solvencia ante os equipos rivais. Podedes ver os debates gravados en: https://xuventude.xunta.gal/es/programas-c/parlamento-joven-c
Elas e eles xa están pensando na estratexia para o ano que vén!
E vós? Animádesvos a unirvos ao Club de Debate?
Seica vai haber unha liga interna no centro… Estade atentas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario