Ola rapazada!
O pasado mércores xuntámonos os compoñentes da sección de medianos do Club de Novela Gráfica. Aínda que algúns tiveron que faltar por outros compomisos, a sesión foi moi entretida. Comentamos a novela Harley Quinn. Cristales rotos de Mariko Tamaki con debuxos de Steve Pugh.
Antón e Miguel aportaron moitas suxestión tanto acerca da nova visión acerca do personaxe de Harley, como dos temas que trata: a loita contra a gentrificación, a presencia dunha nova familia para a rapaza composta por mama e outras drags queen.
Gozamos moito con esta excéntrica Harley que, antes de aliarse co Joker, prefire loitar con Ivy para mellorar as condicións de vida da cidade de Gotham.
Ningún comentario:
Publicar un comentario