venres, 27 de novembro de 2026

XUNTANZA CO GRUPO DE SEGUNDO DE BAC

Ola rapazada!.

O pasado mércores tivemos a sesión do Club de Novela gráfica onde comentamos Aquel verán co grupo de 2º de bacharelato. Resultou unha xuntanza amena e moi participativa, onde vimos caras novas, algunhas recuperadas do pasado.


A novela gustou a case todos. Destaca a opinión de Claudia que insiste en que os personaxes, o trazo, o argumento parecéronlle emocionantes. Este criterio é compartido por Lucía, Diego, Pedro, Alba ou Mara.

Noa non conseguiu conectar cos personaxes.
Isabel e Irene non la seleccionarían como a súa novela favorita, pero atopan elementos positivos como o da nostalxia pola infancia.
En xeral, opinaron sobre a relación entre as rapazas e as súas nais.

Confiamos en ter moitas máis sesións así de entretidas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario