martes, 25 de xaneiro de 2011

La llave del tiempo


Ano 2121 … Catro rapaces con extraordinarios poderes reúnense nunha illa artificial nalgún lugar do Índico. É o comezo dunha longa viaxe que cambiará para sempre as súas vidas. Cidades fantásticas, máquinas do tempo, fabulosas criaturas combinando o apaixonante mundo da ciencia ficción coa maxia dos relatos de fantasía. Un mundo diferente e cheo de sorpresas. Un bosque misterioso, un vello libro, un sonmo que se repite, un xogo que pode custarlle a vida.... descubrir o enigma da chave do tempo
Unha novela na que prima a acción, o misterio, sen esquecer unha certa reflexión sobre a nova orde mundial.
É unha serie de oito novelas, que podes ver no seguinte enlace: LA LLAVE DEL TIEMPO, escritas por Ana Alonso e Javier Pelegrín. Ed. Anaya

Ningún comentario:

Publicar un comentario