martes, 19 de novembro de 2019

200 ANOS DO MUSEO DO PRADO

Ola rapaces!
Hoxe cúmprense 200 anos do nacemento do Museo do Prado, a primeira pinacoteca nacional e unha das máis importantes do mundo. Unha colección real que nace pola inquedanza da raíña Isabel de Braganza, esposa portuguesa do rei Fernando VII e que, pasados 200 anos, constitúe un patrimonio de todos os españois do que debemos sentirnos moi orgullosos.

Recoméndovos un programa da 2 sobre o Museo do Prado, do divulgador: Ramón Gener:


Xa o propio google recorda esta efeméride abrendo hoxe con este debuxo o navegador :


Durante este ano 2019 moitos eventos lembraron esta efeméride: a concesión do Premio Princesa de Asturias, a exposición que hoxe inaugura a Raíña Letizia sobre "Debuxos de Goya", que se suma as outras sobre "Historia de dos pintoras: Sofonisba Anguissola y Lavinia Fontana", que quere poñer en valor o papel das mulleres pintoras.
Pero desde o noso modesto blog de biblioteca, queremos recordar que o museo do Prado é o marco, ou o argumento dun importante número de libros que vos recomendamos.
Aquí vos deixamos algúns deles:

Un clásico: Tres horas en el Museo del Prado de Eugenio D´Ors:












Unha historia épica: a do salvamento dos cadros cando a guerra civil que inspirou a obra de teatro de Rafael Alberti: Noche de guerra en el Museo del Prado.












Unha novela de misterio bastante recente: El maestro del Prado y las pinturas proféticas de Javier Sierra 
  












Un libro sobre os retratos da familia real do historiador Eslava Galán:



Por último, a mellor das recomendacións: non deixedes de visitar as salas do museo, perdéndovos nelas, empapándovos da súa arte e da súa maxia.
E se non podedes facelo de xeito real, sempre queda a opción das visitas virtuais. Pica neste enlace.
Agradecerédesmo!

En vindeiras entradas procuraremos deixarvos algúns links de obras do Museo do Prado que teñan relación con proxectos da biblioteca, como é o caso das do Proxecto Venus.

Ningún comentario:

Publicar un comentario