Ola rapazada!
Hoxe tivemos a xuntanza co alumnado de bacharelato sobre a novela gráfica El fantasma de la fiesta del té de Reimena Yee. Cóntanos a historia de Lora, unha rapaza que tén medo a medrar. Nunha festa do té, coñece a Alexa, o fantasma que habita na súa casa, e que se converte na súa amiga imaxinaria, que a axuda a aceptar o paso do tempo e os cambios que teñen que chegar.
Parece que volvestes con ánimo logo do Nadal, pois a sesión estivo repleta e resultou moi animada. Iria, Lucía, Adriana, Julieta e Claudia foron as máis faladoras. Discutimos un pouco sobre se a obra era máis axeitada para rapaces máis pequenos ou non. Ao final estivemos de acordo en que a calquera idade convén ser capaz de adaptarse a contorna porque sempre estamos a evolucionar.
Logo de ler 1984, unha distopía que resultou un pouco pesimista, eliximos esta obra de cores vivos e alegres, e que transmite unha mensaxe sobre a necesidade de disfrutar do momento, aplicando o coñecido tópico literario do carpe diem.
Ningún comentario:
Publicar un comentario