mércores, 28 de xaneiro de 2026

XUNTANZA DO CLUB DE NOVELA GRÁFICA SOBRE "CUANDO BRILLAN LAS ESTRELLAS"

Ola rapazada! 

Hoxe tivemos a xuntanza cos máis pequenos do Club de Novela Gráfica. Reunímonos Sarah, Sergio e Vega, de 1º de ESO, Sara C., Carolina, Némesis e Emma de 2º, con Patricia, Dani, Irene e Pilar.


Lemos Cuando brillan las estrellas de Victoria Jamieson e Omar Mohamed. Conta a historia de dous irmáns que pasan moitos anos nun campo de refuxiados en Kenia. Hassán deixou de falar cando saíron do seu país natal, Somalia, e Omar debe coidalo e asistir a escola, algo que le dá a súa dura vida un futuro con esperanza. Omar, logo de poder saír e reunirse coa súa nai, colabora na publicación desta novela, onde dá testemuño da vida dos refuxiados.


Trátase dunha historia de superación, Algúns dos nosos lectores e lectoras xa a leran anteriormente no seu colexio pero moitos deles sacan novas ideas coa súa relectura.

Irene coméntanos o debuxo tan descritivo que detalla a vida cotiá nos campos de refuxiados.

Confiamos en que a vindeira lectura gústevos tanto coma esta!




Ningún comentario:

Publicar un comentario