sábado, 16 de outubro de 2021
DÍA DAS ESCRITORAS
domingo, 3 de outubro de 2021
ÁNGELES ALVARIÑO, CIENTÍFICA DA NOSA CIDADE
Ola compañeir@s!
Queremos darvos a benvida a este novo curso e ir contando polo miúdo as actividades e propostas que estamos a preparar para as que necesitaremos a vosa colaboración e participación como cada ano. Debullaremos estes proxectos noutras entradas.
Hoxe 3 de outubro, queremos facer memoria do nacemento dunha científica galega do máis alto nivel, e que ademais é da nosa cidade.
martes, 29 de xuño de 2021
JAVIER VILAS GARCÍA, PREMIO AO MÁIS LECTOR DO CURSO
Ola rapaces!
A piques de despedir o curso, aínda temos que contarvos unha noticia. Hoxe tivo lugar na biblio a entrega de premios "Ao máis lector do curso".
Non debe sorprendervos que o galardón recaera na persoa do noso voluntario Javier Vilas García. En solitario destacou como o máis lector grazas a que sacou todos os exemplares de La llave del tiempo de Ana Alonso e Javier Pelegrín.
Parabéns a Javi! Esperamos que sigas lendo logo de rematar a ESO.
venres, 25 de xuño de 2021
NOVAS ADQUISICIÓNS: MANGAS E LIBROS DE CINE
Ola rapaces!
Xa rematando o curso, solo me queda desexarvos un bo verán, que de veras o merecedes.
Aproveitade para ler na praia, na aldea, no xardín... E para iso propoñémosvos, ademáis dos libros recomendados no noso tradicional tríptico que estades agora a recibir, algunhas das últimas adquisicións. Esta vez vai de manga e de cine.
Tedes a vosa disposición bastantes mangas novos como
- Horimiya.
- The Mark o Watzel.
- Death Note
- My hero academia
- Guardianes de la noche.
- El clan de los Poe.
Respecto aos libros de cine temos:
- El universo de Ernst Lubitsch.
- El universo de Alfred Hichtcock.
- El universo de Howard Hawks.
- El universo de Nicholas Ray.
- Screwball comedies.
E outros moitos de temas variados como igualdade e convivencia.
Felices vacacións!
luns, 21 de xuño de 2021
CONCURSO DE RELATOS
Ola rapaces!
O pasado venres, por fin, tivo lugar a entrega de premios do Concurso de relatos do Día do Libro. Había emoción para desvelar os nomes dos gañadores. E creo que foi unha verdadeira festa da escritura. Ademais tivemos a estupenda alegría de atopar a Dani, que non quixo perderse esta ocasión de compartir con todos nós.
Dende aquí vai o noso agradecemento a todos os participantes. Non contabamos con tantísima participación. Nestes tempos de pandemia, consola tervos como alumnos. Sodes o noso estímulo diario para seguir inventando actividades en torno aos libros e a lectura.
1º CATEGORÍA: 1º e 2º ESO
- Primeiro premio: Saúl Fernández Varela.
- Segundo premio: Antón Beade Vilariño.
- Terceiro premio: Hugo Alonso Fernández.
2ª CATEGORÍA: 3º e 4º ESO
- Primeiro premio: Paola Rivera Fernández.
- Segundo premio: María Lejuán Terán Muiño.
- Terceiro premio: Lucas Freire Escribano.
3º CATEGORÍA: 1º e 2º BAC
- Primeiro premio: Silvia González Fernández.
- Segundo premio: Iria González Soto.
- Terceiro premio: Alejandro López Gómez.
Parabéns a todos!
Desde o Departamento de Lingua Castelá e Literatura queremos felicitarvos a todos polo voso traballo e agradecervos a vosa entrega.
Non deixedes nunca de ler, de escribir, iso faravos libres, independentes e felices.
Como dicía a nosa homenaxeada este ano: "Queda lo escrito; todo lo demás, no queda"
Emilia Pardo Bazán.
Aquí tedes o vídeo do evento.
sábado, 19 de xuño de 2021
CÓMICS SOBRE TEXTOS TEATRAIS
Ola rapaces!
Como ven sendo costume, vos informamos aquí das actividades realizadas sobre textos literarios en clase de Lingua durante o tercer trimestre.
Os alumnos de 1º de ESO fixeron un cómic a partir da lectura de tres pezas teatrais contenidas na antoloxía de Edelvives titulada: Teatro breve:
- Cartas de amor a Mary de José Luis Alonso de Santos.
- La consulta de Ángel Camacho Cabrera.
- Epitafio de Jorge Díaz.
Os alumnos de 3º de ESO ilustraron una novela ejemplar de Miguel de Cervantes.
- La gitanilla.
- Rinconete y Cortadillo.
Como vedes, cada trimestre tratamos de indagar na lectura a través de traballos creativos como booklaps, fanfiction o cómics. Pensamos que a lectura ten que servir de impulso para a creatividade en diferentes linguaxes. E dende logo, algúns de vós tedes moita.
Parabéns a todos!
luns, 31 de maio de 2021
TRÍPTICO LECTURAS DE VERÁN 2021
Ola compañeir@s!
Como todos os anos, temos para vosoutros un tríptico de recomendacións con lecturas para o verán. Aparecen divididas en diversos temas: recomendacións de Emilio Saldaña, Club de Adultos, Club Xuvenil, Proxecto de Igualdade e Convivencia, En Galego, Centenarios, Cómic...
Cada portada do libro vos leva a crítica do mesmo na nosa páxina de "Socas recomenda".
Esperamos que, con tanta variedade, poidades atopar o voso perfecto compañeiro para as vacacións!
domingo, 30 de maio de 2021
O CURSO DE ITI EN 1º ESO
Ola rapaces!
Come sempre, polo mese de maio ou xuño, estamos a facer un ripaso das actividades do curso que remata. Falamos con Verónica, a profesora de ITI (Investigación e Tratamento de Información). Esta materia optativa é un instrumento fundamental da Alfabetización Informacional (Alfin), un dos obxectivos principais de todas as bibliotecas.
"Todas as materias viron, dalgún ou doutro xeito, mermadas as súas clases por mor da crise sanitaria que provocou a COVID-19, non obstante, algunhas como ITI resentíronse máis ca outras. Ao longo deste curso foinos moi complicado facer traballos en grupo, vivimos momentos realmente delicados onde os índices de contaxios foron demasiado altos, por iso, dende o comezo, a dinámica da clase foi investigar de xeito individual e facer despois unha posta en común dos contidos na aula.
No primeiro trimestre investigamos sobre o Samaín e as tradicións de Nadal; no segundo sobre o Antroido no mundo, en España e en Galicia e rematamos o curso coas investigacións máis ambiciosas, as que nos supuxeron un maior esforzo, pero tamén unha maior aprendizaxe. O alumnado investigou sobre temas tan dispares como o movemento Feminista, o movemento LGBTIQ+, o megalodón, a Universidade de Harvad, mitoloxía grega, os dinosauros… Expoñer na clase temas diversos ou facelo do mesmo, pero dende diferentes puntos de vista contribuíu á mellora da dinámica de grupo e á formación do espírito crítico do noso alumnado".
sábado, 29 de maio de 2021
PROXECTOS SOBRE IGUALDADE E CONVIVENCIA NO CENTRO
Ola rapaces!
Agora que vai rematando o curso, hora é de facer un pouquiño de repaso ás actividades feitas, e ós proxectos desenvolvidos.
A biblioteca, a través das profes do equipo de biblioteca, Vily e Eva, xunto con outros docentes do centro participou en dous proxectos ben interesantes como parte dun PFPP de Programas Contrato. Vily cóntanos: "Vimos necesario seguir avanzando nas liñas de traballo prioritarias do centro, club de ciencia, STEMBACH, convivencia e e igualdade, así como reflexionar sobre a actualización dos espazos do centro e a formación do profesorado para afrontar os retos que impón a situación de emerxencia sanitaria e o ensino non presencial, para o que se teñen que activar novos modelos de comunicación e atención á diversidade. Estes en esencia son os obxectivos do PFPP de Programas Contrato do centro, e dentro deste contexto formativo desenvolvéronse dúas liñas de traballo nas que colaboramos desde a biblioteca."
Estes dous proxectos levan estes nomes:
- Mellorando a igualdade no IES Sofía Casanova.
Os obxectivos eran: Sensibilizar e implicar ao alumnado en materia de igualdade de xénero e apostar pola coeducación como camiño á liberdade individual. Construír con toda a comunidade educativa un espazo coeducativo, igualitario e desde a premisa da equidade. Avanzar na educación emocional e a xestión das emocións.
- Mellorando a convivencia no IES Sofía Casanova.
Os obxectivos eran: Promover un axeitado clima de aula e de centro, considerando as relacións globais entre o profesorado, o alumnado e entre os dous colectivos. Impulsar a participación colaborativa das familias e doutras institucións e entidades na mellora da convivencia escolar, sempre que sexa posible, priorizando videoconferencias no canto de actuacións presenciais de persoas alleas ao centro. Estimular as competencias emocionais no alumnado, sobre todo na situación particular correspondente a este curso.
Algunhas das actividades realizadas xa quedaron reflectidas no noso blog como "O Obradoiro de memes contra a violencia de xénero", " O Día da Paz", "Día de Rosalía", "Mes da Nena e a Muller na Ciencia", "Día da Muller", e un largo etc, de actividades nas que colaboramos desde as perspectivas de mellora da igualdade e da convivencia. Pero houbo moitas máis como "Exposición de carteis sobre mulleres científicas", "Experimenta en feminino", "Calendarios de mulleres astrofísicas", "Concursos de fotografía Convivencia e Igualdade".
Por último, a biblioteca tamén colabora coa realización deste folleto de recomendacións literarias sobre Igualdade e Convivencia. Esperamos que todo isto nos faga un pouco más conscientes da súa importancia!
venres, 28 de maio de 2021
MIGUEL DELIBES: ADQUISICIÓNS E FONDOS DA BIBLIOTECA
Ola rapaces!
No primeiro trimestre fixemos unha entrada sobre o centenario do escritor Miguel Delibes (1920-2020).
Agora queremos recordavos que no andel de novidades tedes á vosa disposición unha selección dos libros que temos na biblioteca deste autor.
Algúns son os que chamamos "de fondo de armario", como por exemplo:
- El camino.
- Cinco horas con Mario.
- Las ratas.
- El príncipe destronado.
- La hoja roja.
- Aún es de día.
- Los santos inocentes.
- El hereje.
Outros refírense áos libros que mercamos recentemente e que inclúen novidades editoriais propias da celebración do centenario, como por exempro:
- Miguel Delibes de cerca. Biografía de Ramón García Domínguez.
- La narrativa de Miguel Delibes. Estudio do profesor da USC, Alfonso Rey.
- Los niños. (Antoloxía de textos do autor sobre un dos seus temas predilectos, a infancia).
- Miguel Delibes: inventando personajes.
Ademais, dúas profesoras do Departamento fixeron un curso do CAFI sobre este autor, no que aprenderon moito, para traballar os seus valores humanos e literarios na práctica docente. E tiveron a sorte de escoitar a testemuña de Elisa Delibes, profesora e filla do escritor.
mércores, 26 de maio de 2021
ACCIÓN ARTÍSTICA CONTEMPORÁNEA
Ola rapaces!
luns, 24 de maio de 2021
POESÍA E IMAXE
Ola rapaces!
Como todos os anos, o centro participou no certame "Poesía e Imaxe". Os alumnos de Educación Plástica traballaron a partir de poemas en diferentes linguas minoritarias. Xa podedes ver no corredor central a exposición dos premiados.
Primer Premio foi para Yusef Salec de 1º ESO C que ilustrou un poema hindi:
Do meu corpo, toma terra e esparexe sobre terras estériles,
do meu corpo toma auga e debuxa o deserto con regatos,
do meu corpo toma o ceo e constrúe teitos para os desamparados,
do meu corpo, toma aire e purifica o alento das fábricas,
do meu corpo, toma lume, o teu corazón está espantosamente frío.
Geet Chaturvedi.
De entre os premiados polo centro están tamén:
De 1º ESO:
- Ana Aneiros Vilar Lingua zikril.
- Vera Bregua Aneiros Lingua inglesa.
- Nera Lema Fernández Lingua zikril.
- Nicolás Rego Vilar Lingua inglesa.
- Yusef Salec Lingua irlandesa.
De 3º ESO:
- Alba Romar Otero Lingua hindi.
- Puerto Saínz Alzueta Lingua bahasa indonesia.
- Rosalía Vázquez Velasco Lingua persa.
Parabéns a todos estes grandes artistas!
domingo, 23 de maio de 2021
NOVA SESIÓN DO NOSO CLUB DE LECTURA
Ola rapaces!
Tivemos o pasado venres a nosa sesión do Club de Poesía, xunto co tradicional encontro dos escritores de microrrelatos.
Iago tivo a ben lernos un fragmento dun texto seu. Tamén comentamos o pasamento do escritor José Manuel Caballero Bonald. Así como a celebración do Día das Letras Galegas adicado a Xela Arias, poeta do cotiá.
Deixamos aquí un poema adicado ao seu fillo Darío:
Se andas a gatiñas formas a columna
e a planta dos pés;
se te alimentas ó meu peito medras san,
rexo e forte.
Se che falamos con tino, a modo
recompós termos e frases.
Se a luz non é moi forte
descansan os teus ímpetos de neno.
Se tes o ritmo da música has
rimar o aceno dos días.
Se estimulado, crearas o mundo sen que cho impoñan...
Canto sei! e, sen embargo,
que ananez perante tanta novidade
que ti agasallas a cada instante.
Darío a diario (1996)
mércores, 19 de maio de 2021
LETRAS GALEGAS 2021. XELA ARIAS
Ola rapaces!
Estas semanas estamos a ocuparnos da celebración do Día das Letras Galegas que este 2021 está adicado a XELA ARIAS. Desde os departamentos de Orientación, Dinamización lingüística e da Biblioteca, fixemos unha proposta de actividades para que se puideran realizar desde as titorías. Recompilamos recursos, información, imaxes e vídeos como introdución da autora na seguinte páxina web LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS.
-O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO, fixo marcapáxinas e infografías como estas:
-O alumnado de 4º da ESO, fixo vídeos cunha aplicación de móbil que lle permitiu recitar poemas de Xela cunha imaxe da autora, facendo falar á fotografía.
Aquí vos deixamos algunhas das que nos achegaron.
Na biblioteca puxemos o noso recuncho cos libros da autora.
domingo, 9 de maio de 2021
ADQUISICIÓNS DE LIBROS DE ECONOMÍA
Ola rapaces!
Queriamos compartir convosco que a biblioteca, por iniciativa de Mohamed, un alumno de 1º BAC-E, está mercando bastantes libros de actualidade económica, de xestión empresarial e de biografías de grandes emprendedores.
Aquí están algúns exemplos. Todos á vosa disposición:
- Código dinero.
- Aprenda de la mafia.
- Secretos de la mente millonaria
- MBA personal.
- El método Starup
- Pequeño cerdo capitalista
- El millonario de la puerta de al lado...





















