| Pica na imaxe |
sábado, 22 de xaneiro de 2022
Día da Ilustración e Día da Paz.
martes, 11 de xaneiro de 2022
DÍA DO USUARI@ DA BIBLIOTECA
O día 11 de xaneiro celébrase o Día da usuaria e do usuario das bibliotecas, por este motivo non queremos deixar de pasar esta oportunidade para agradecer a todos os ususarios e usuarias da nosa biblioteca o seu entusiasmo no seguimento das propostas que adoitamos facer e a súa colaboración en múltiples oportunidades. Para felicitalos adoitamos facer a nosa festa anual das tartas literarias, adiada nestes últimos anos pola situación sanitaria pero que esperamos poder retomar o antes posible. Tamén adoitamos entregar nesa festa os premios ós nosos ususarios en diversas categorías.
Nesta ocasión queremos traer aquí dúas iniciativas que poden resultar de interés para os nosos usuarios.
Que é a Lectura Fácil ( LF)? Son libros, documentos administrativos e legais, textos informativos, páxinas web... que seguen as directrices Internacionais da IFLA( International Federation of Library Associations and Institutions) e de Inclusion Europe en canto á linguaxe, o contido e a forma. A ALF revisa os materiais de Lectura Fácil e os valida co logo LF. A quen se dirixe? A Lectura Fácil diríxese a todas as persoas, en especial a aquelas que teñen dificultades lectoras transitorias (inmigración, incorporación tardía á lectura, escolarización deficiente...) ou permanentes (trastornos da aprendizaxe, diversidade funcional, senilidade...)
martes, 21 de decembro de 2021
LECTURA NO NADAL
Co desexo de despedir o último ano da pandemia e que o novo 2022 veña cheo de boas novas, dexamos aquí unha pequena guía de lectura para este breve periodo vacacional no que podemos sacar un ratiño e ler algún dos libros da nosa bibioteca. Moitos dos que están na presentación xa os tedes visto nas actividades que se propuxeron no primeiro trimestre.
Desexámosvos a todos un Bo Nadal! e felices lecturas!
luns, 20 de decembro de 2021
A TRADICIÓN ORAL NO NADAL . VIII CENTENARIO DE AFONSO X. AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA
mércores, 24 de novembro de 2021
EL CUARTO DE MONA de DARÍO AUTRÁN
Darío, nesta película, na que participan recoñecidas figuras do audiovisual galego como, Sabela Hermida, Melania Cruz, Manuel Manquiña, Isabel Blanco, Pedro Picos, Xosé Bonome, Germán Torres, Rosalía Castro e Mayte Braña, conta a historia de Mona (Sabela Hermida) unha muller á que todo lle vai mal. Ela soña con ser actriz e en plena crise dos corenta, vese sen traballo, sen parella e sen diñeiro polo que decide rematar os seus días tirándose por unha ponte; con todo, unhas chamadas no último momento lembraranlle que queda pouco para os seus aniversarios. O que parece que pode ser un intento de volver á normalidade na súa vida desencadeará nunha semana frenética con todo tipo de situacións disparatadas. É unha comedia que fará rir ó espectador pero tamén mirar con ollos críticos canto o rodea. En palabras do propio autor, a película narra “unha semana frenética, un vía crucis profano” na vida desta muller. E propón unha “crítica amable e velada de todos os estamentos da sociedade”, á vez que quere dar visibilidade ao problema da saúde mental, “máis importante que nunca pola devastación que vivimos” nestes tempos de pandemia.
sábado, 13 de novembro de 2021
A INVISIBILIDADE DA MULLER NA CIENCIA, UNHA FORMA DE MALTRATO CULTURAL
Unha publicación de haikus de ciencia para inspirar ó alumnado do noso centro que está convocado a un concurso da haikus promovido polos Clubs de Convivencia e Igualdade, en colaboración cos Departamentos de Orientación e o Equipo de Dinamización do centro. Na nosa biblioteca podedes atopar libros que vos falan destas e outras mulleres pioneiras no ámbito científico.
domingo, 7 de novembro de 2021
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO
Ola compañeir@s!
A Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia publica, como cada ano, unha imaxe sobre novembro mes da ciencia en galego. Se picas nela verás unha recompilación de materiais de ciencia en galego. Por outra banda, este ano o Manifesto correou a cargo de científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiagdo de Compostela. Coñecido investigador e divulgador científico. Nel fai finca pé na necesidade de facer divulgación e de empregar o noso idioma na ciencia.
| Fote RAGC https://www.ragc.gal/gl/project/dia-da-ciencia-en-galicia-2021-jimena-fernandez-de-la-vega-2/ |
Fote RAGC |
Esta extraordinaria muller ten unha impresionante traxectoria como investigadora xenetista, rompendo moldes na súa época. Anxel Carracedo, destaca tamén a concepción que ela tiña da saúde e da enfermidade. A nivel porofesional interesouse pola aplicación da hidroloxía no campo da saúde, eido ao que destinou todo o seu entusiasmo traballando como médica do balneario de Guitiriz (Lugo).
mércores, 3 de novembro de 2021
DÍA DO LECTOR/A. NACEMENTO DE XOSÉ NEIRA VILAS
Ola compañeir@s!
Fonte Fundación Xosé Neira Vilas
O 3 de novembro coincidindo coa data de nacemento de Xosé Neira Vilas, autor de Memorias de un neno labrego,celébrase o Día do Lector.
Con este motivo na fundación que leva o seu nome entrégase hoxe o VI Premio Xosé Neira Vilas de novela curta. Este premio ten como obxectivo estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar obras de calidade dirixidos ó público infantil e xuvenil.
Este ano o premio foi para a obra 'Off The Record', do profesor de Dereito Penal Virxilio Rodríguez Vázquez
domingo, 31 de outubro de 2021
SAMAÍN 2021
Ola compañeir@s!
Por outra banda temos convocados varios concursos:
1.- Concurso de relatos de terror.
Bases:
1-O Concurso diríxese a todas as persoas do centro que desexen participar, cada participante pode presentar un máximo de dúas obras.
2-Obras: O tema estará relacionado co medo.
-As obras deberán ser orixinais e inéditas, escritos en lingua galega.
-A extensión será como máximo de catro follas.
-Os relatos deberán aparecer co correspondente título e asinados.
3-As achegas pódense facer por correo electrónico nas seguintes direcións:
casanovadinamizacion2019@gmail.com soficasanovabiblioteca@gmail.com
En formato papel pódense facer na biblioteca do centro, durante os recreos.
EMILIA PARDO BAZÁN, DÍPTICO E CONTOS
Ola compañeir@s!
Estamos a comprobar que o alumnado non localizaba o díptico e a presentación con contos de Emilia Pardo Bazán que publicamos o Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, por este motivo volvemos a poñelos.
Aquí tedes tamén a presentación dos contos.
mércores, 27 de outubro de 2021
EMILIA PARDO BAZÁN, LIBROS E ABANOS
Ola, compañeir@s !
Este ano polo Día das Bibliotecas fixemos unha exposición sobre Emilia Pardo Bazán. Puxemos na entrada do centro os libros da autora ou os que tratan dela, cunha colección de abanos, porque sabemos que eran unha das súas paixóns. Na pantalla da entrada tamén reproducimos un vídeo cunha lectura de Marilar Aleixandre sobre un artigo da autora que trataba sobre o traballo das mulleres. Pensamos que era un xeito orixinal pechar o centenario da autora facéndoo coincidir co inicio en Santiago do congreso internacional Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois, que nestes días podedes seguir en directo en You Tube
Deixamos aquí fotos da actividade.
LECTURAS DO ALUMANDO DO DÍA DAS ESCRITORAS
Ola compañeir@s!
Nesta ocasión queremos deixar as lecturas de algúns dos membros máis valentes do noso alumando que nos permitiron publicar as súas lecturas do Día das Escritoras.domingo, 24 de outubro de 2021
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Ola compañeir@s!O 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas impulsado pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil e o Ministerio de Cultura. O lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir", quere destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos.
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publicouse o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia do curso 2021/2022, que leva por título:“A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA". Insistindo tamén na biblioteca como espazo diverso onde teñan cabida distintas experiencias relacionadas coa lectura, a palabra e a oralidade. Os textos escritos e as producións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou de información axudan ao alumnado a medrar sendo donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento. Mais tamén, as bibliotecas escolares son espazos sociais de encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta.”
sábado, 23 de outubro de 2021
REUNIÓN CONXUNTA DE TODOS OS CLUBS DA BIBLIOTECA
Ola Compañeir@!
O martes 26 de outubro teremos unha reunión conxunta de todos os clubs de lectura. Como sempre ás 14'10 horas, ó rematar as clases, reunímonos a comer xuntos na biblioteca e a continuación cada club xuntarase cos seus membros para realizar as súas actividades. Finalizamos a sesión cinco minutos antes das 16'30 para o inicio das clases da tarde. Deixamos aquí o cartel da reunión.







